Correduría de seguros Sueiro S.A.
 |
Organizado por
|
Presentación:
A Correduría de Seguros Sueiro, S.A. nace no ano 1987 impulsada por un grupo de profesionais con ampla experiencia no sector asegurador. Antes da súa trasformación en Correduría de seguros, Sueiro ven exercendo a actividade de mediación xa dende o ano 1953 primeiro como Delegación de Seguros Galicia para a Comarca de Bergantiños e posteriormente como Axencia Libre de Seguros.
Un equipo de profesionais:
Avalanos polo tanto un equipo profesional cualificado, unha ampla experiencia e a fidelidade de mais de 4.500 clientes que depositan a su confianza na nosa empresa.
A nosa total independencia das Aseguradoras, permitenos ofrecer ós nosos clientes un asesoramento imparcial e adecuado as súas necesidades específicas. Pero a nosa labor de mediación non remata coa cobertura dos riscos. A nosa relación continúa, coa administración, información y vixilancia do seu programa de seguros, das cales as suas coberturas e garantías vense continuamente afectadas por un mundo cambiante.
Xerencia de riscos personalizados:
Realizamos unha verdadeira xerencia de riscos, analizando as necesidades do cliente, estudando as súas características, asesorando e aconsellando as coberturas máis convenientes para a súa empresa, o seu fogar ou a súa persoa.
Pero as nosas funcións non terminan aquí. O noso departamento de Sinistros encárgase de tramitar os seus sinistros, defendendo e reclamando unhas indemnizacións que unhas boas coberturas de seguros previron.
Altamente especializada nos sectores industriais, da construción e das administracións públicas, somos lideres tamén na comarca de Bergantiños no seguro do automóbil, comercio, e pequena e mediana empresa.
Situada a súa sé central en Carballo, contamos con delegacións en Arteixo, Sofán, Coristanco, Muxía, Malpica, Laracha e A Coruña.
|